martes, 17 de marzo de 2015

PRECAUCIONS PARA OBSERVAR O ECLIPSE SOLAR

O ACONTECEMENTO ASTRONÓMICO QUE IMOS VIVIR É ÚNICO XA QUE NON SE VOLVERÁ REPETIR EN MOITO TEMPO!
PERO!!!!  COIDADOOOOO!
É MOI PERIGOSO!
SOBRE TODO PARA OS NENOS E NENAS!
POR ISO DEBEDES TER EN CONTA AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS!!;
O sol nunca debe observarse a simple vista, NIN cando hai eclipse  e podemos pensar que o daño nos ollos é menor. 
NON VALEN AS GAFAS DE SOL!!
Para observar o eclipse con seguridade é necesario o uso de filtros especiais.
Os "trucos" caseiros baseados en cristais afumados, CDs ou negativos de fotos non serven. So serven as gafas de eclipse, homologadas pola Comunidade Europea para a observación solar (índice de opacidade 5 ou maior).

Unha opción perfectamente válida para observar o eclipse na casa é ver a imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra. Isto pódese conseguir cun papel ao que se ten recortado un buratiño dun centímetro de diámetro, ou usando un espello (pero non directamente no espello senon a proxección sobre unha parede ou cartolina).
Así podes facer unha caixa escura para ver o eclipse colocándote de espalda ao sol:
Outra excelente opción de poder contemplar con total seguridade o eclipse en directo é facelo por Internet. No sitio Slooh vano emitir en directo:
http://live.slooh.com/stadium/live/the-total-solar-eclipse-of-2015

martes, 10 de marzo de 2015

FILOMENA DATO 2016

Desde o noso centro de ensino, e outras entidades, estamos a promover que o Día das Letras Galegas 2016 se adique a Filomena Dato.
Esperamos a importantísima colaboración activa de toda a comunidade educativa para que a devandita efeméride sexa posible!

jueves, 26 de febrero de 2015

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

OS DÍAS 25 E 26 DE FEBREIRO TIVEMOS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO NOSO CENTRO EDUCATIVO!
QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE DALGÚN XEITO,
BEN COA SUA PRESENCIA, BEN COA SÚA COLABORACIÓN, AS FIXERON POSIBLES.


TRÁTASE DO 1º ANO QUE TIVERON LUGAR ESTAR XORNADAS POLO QUE SABEMOS QUE PODEMOS MELLORAR MOITO.
POR ISO ESTAMOS ABERTOS A CALQUERA SUXESTIÓN QUE POIDAMOS TER EN CONTA PARA VINDEIRAS EDICIÓNS.

sábado, 14 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

POR FIN CHEGOU O ENTROIDO!
E VOLVEMOS DESFILAR POR AS RÚAS DA VALENZÁ!!



ESTE ANO ATA SAIMOS NA PRENSA


MOITO ESFORZO QUE VEMOS COMPENSADO SÓ CON SABER QUE VOS FIXEMOS VIVIR UN MOMENTO ESPECIAL.
GRAZAS A TODOS E TODAS OS/AS QUE FIXESTES POSIBLE ESTE DÍA!!

martes, 3 de febrero de 2015

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

NOS BLOGS DA BIBLIOTECA, NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA E INFANTIL ATOPAREDES MÁIS ENTRADAS RELACIONADAS CO DÍA DA PAZ NO NOSO COLEXIO.
A NOSA NORABOA A TODAS E TODOS AS/OS QUE FIXESTES POSIBLE ESTE ACTO, EN ESPECIAL AOS PROTAGONISTAS, OS NENOS E NENAS, E Á PROFE SUSANA QUE LLES TRANSMITIU O SEU ENTUSIASMO!

viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

"Hoxe conmemoramos o "Día da Paz e a NON Violencia" na honra da memoria de Mahatma Gandhi.
Estas son 10 das frases máis célebres de Mahatma Gandhi.
“Non hai camiño cara a paz, a paz é o camiño”
- “Se queres cambiar o mundo, cambia tu mesmo”
“Para unha persona non violenta, todo o mundo é a súa familia”
- “Ollo por ollo y toda a xente rematará cega”
- “O que se obtén con violencia, só se pode manter con violencia”
- “A desconfianza é un sinal de debilidade”
- Todo o que se come sen necesidade roubase do estómago dos pobres
Se a morte non fora o preludio a outra vida, a vida presente sería unha burla cruel
O máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio de la xente boa.
- O que retén algo que non necesita é igual ca un ladrón.
Gandhi

No patio do colexio xuntámonos todos e todas os/as que formamos parte da nosa comunidade educativa para amosar un xesto a favor da PAZ: